lunes, 28 de junio de 2010

Novas Camisetas

Aquí temos a nova camiseta do Dépor, dende aquí deixademe facer unha pequena crítica, que coño pequena, enorme! Cando tio o Deportivo tantas franxas na súa camiseta? Por que non respetar a historia do noso clube?
Penso que non deberiamos porque facer tantos cambios na camiseta ano tras ano...
Continuando coa segunda equipación é unha copiada de Canterbury e a terceira non é fea pero pareceremos a Fiorentina.
UN ESCUDO UNHA CAMISETA!

viernes, 18 de junio de 2010

Movementos



É necesario un xogador de banda? NOVAMENTE DESPRECIAMOS Á CANTERA, Lotina xa manifestou que non contaba con Iván Pérez, cousa que me parece unha barbaridade e unha imbecilidade de moito moito calibre, pero o entrenador é él e eu non estudei para ser entrenador nacional

Quen é Yves Desmarets? É un xogador teóricamente de banda, pero moi polivalente. Pode xogar tanto de lateral, na banda esquerda (é zurdo), na banda dereita a banda cambiada, de mediocentro, na mediapunta o incluso en punta.

Seguramente a fichaxe de Desmarets supoña a saída dalgún xogador e así conseguir solventalas deudas, dado que Desmarets chega libre do Victoria de Guimaraes. E con esta fichaxe, veo moi díficil a chegada de novas incorporacións en ataque aínda que xa confirmou Lotina que "Os Mexicanos" interesan pero non é posible, seguen interesando Diego Costa e Camacho no caso Filipe, Diawara, Jordi Alba, e algún máis pero sempre pensando antes nas saídas.

domingo, 13 de junio de 2010

Reforzos na base

Sentando as bases do novo Fabril, algo que como xa sabedes se lestes o blog en anteriores entradas gustame moito (creo que é moi importante ter xogadores formados na casa, non só porque non supoñen un gasto no traspaso no caso de que sexan xogadores xa profesionais, senon tamén por ir facendo equipo con todas as letras.
Gustaríame por exemplo, non escoitar a calquera xornalista dicindo queremos a Carlos Vela, queremos a Camacho, gustaríame escoitalos dicindo señor Lendoiro non fiche vostede a ninguén posto que para os postos que temos sen xente no primeiro equipo temos uns xogadores cunha proxección excelente, cunha técnica magnifica, e que ademais queren ó equipo, ós colores e ó noso escudo.
Sentindo moito non ter máis tempo, despidome.
FORZA DEPOR!

Perdoade o despiste de non mencionar todos os movementos que estánse a producir no filial deportivista.
Altas
Julien Dilal Nddombo. Xogador camerunes, de banda. 18 anos
Jona. Procedente de Málaga, dianteiro de 21 anos, é de dicir que Joshua pareceme moito máis idóneo para o posto de dianteiro titular do Deportivo B.
Dioni. Dianteiro, ex do Caravaca. 20 anos.
Renovacións
Dani (mediocentro) e Diego (guardameta)
Baixas
Valencia, Toni, Valle, Momar e Castillo.

miércoles, 9 de junio de 2010

Mercado de fichaxes

Como non... seguen a sonar máis e máis nomes (tanto chegadas como saídas) , e moitos máis que soaran e como seguramente a maioría dos deportivistas non sepades quenes son os homes dos que tanto fala a prensa coruñesa, farei a continuación un resumo das cualidades individuales de cada xogador, clube de procedencia, posibilidades de realizar a operación ...







Saúl, xogador de banda, rápido cun bo centro ("ALELUYA") técnico.. Quizás o peor sexa que non ten experiencia na máxima categoría, pero é algo que conseguira cos minutos que esperemos que lle de Lotina.


Falo coma se estivera no Dépor xa porque é realmente o que ocorre, o Elche aínda non rematou a tempada, pero o técnico do Elche afirmou que non vai xogar máis, desta maneira se di que o xogador xa pasou o recoñecemento médico co Deportivo. Pero é algo que ninguén confirma.

Edgar Pacheco, centrocampista do Atlas de Guadalajara. Xogador do centro que pode xogar en ambalas dúas bandas, para que o entendades é un Juca moito máis polivalente, bo disparo, visión de xogo... E como non é un dos tantos que quere emigrar a Europa e consolidarse. O diario mexicano Record afirmou que Lotina persoalmente chamou ó xogador para preguntarllela súa disponibilidade. Outros clubes españois seguen tamén a este xogador.


Interesan también Ignacio Camacho e Diego Costa (posible que entren na "Operación Filipe" co Patético de Madrid) Mosquera (Castilla) Diawara (Marítimo)

Posibles saídas de xogadores, Filipe, Juan Rodríguez, Lopo, Guardado, Ze Castro, Rubén Castro, Aythami, Alex B. case todo manifestarón os seus desexos de quedarse.

Quero engadir que veña quen veña que loite pola grandeza do noso escudo, e que o deixe TODO no campo... Manda collóns que a afección teña que pedir que os xogadores non se limiten a arrastrarse polo campo

SEMPRE DEPOR

West Ham - RCD A Coruña

Pois sí, xogamos contra o West Ham, que podo decir deste clube inglés que non poida decir a súa gran afección...


Tentarei facer unha pequena escapada á capital inglesa para ver o deportivo contra o equipo londinense.



Poderei observar eu mesmo como está realmente o hooliganismo inglés sen que a prensa me poña unha venda nos ollos, malia que é un partido amistoso.


Para o que non sepa do que falo recomendolle unha das tantas películas sobre os hooligans en Inglaterra, Green Street Hooligans, película sobre os hooligans do West Ham (GSE adaptación á ficción da Inter City Firm)





viernes, 4 de junio de 2010

Filipe





Filipe Luis comeza a súa carreira profesional no ano 2003 no Figueirense,clube brasileño da cidade de Florianópolis. Comezará a súa experiencia europea no 2004 no Ajax de Ámsterdam, pero outra vez cambiou de destino e volveu cruzar "o charco" cara Uruguay onde xogará no Rentistas (club que terá un importante papel na carreira futbolística de Filipe no verán de 2009) alí non chegou case a instalarse xa que rapidamente foi cedido ó Real Mandril... perdón Real Madrid, no que estivo xogando no filial deste.

Novamente é cedido ao outro clube, o Deportivo, cunha opción de compra de 2,2 millóns de € ... na primeira tempada no noso equipo non goza da confianza desexada, pero co cambio de entrenador Miguel Ángel Lotina ve en Filipe un lateral con unha proxección espectacular. Cando chegou á Coruña era un lateral ofensivo cunha técnica que xa quixeran moitos dianteiros de equipos "grandes". Ao ser tan ofensivo e porque o Deportivo contaba con Joan Capdevila no seu plantel foi relegado á suplencia, tras a marcha de Joan Capdevila e tras mellorar as suas cualidades defensivas e perfeccionar as ofensivas converteuse no lateral titular do Deportivo e unha peza clave no once de Lotina.

E o comezo da tempada 2008/09 o Deportivo fai efectiva a opción de compra e nesa mesma tempada Filipe disputa todos os minutos de liga, cunha tempada para enmarcar.

Precisamente por esa gran tempada o Fc Barcelona tentou facerse cos servicios do lateral brasileño, o Farsa... perdón Barça fixo dúas grandes ofertas por este xogador (ó meu xuizo moi moi pobres dada a calidade de Filipe Luis) a primeira era de 5 millóns de € máis a cesión de Jeffren e Abraham e a segunda de 8 millóns de € ás cales o presidente do Deportivo negouse, pedindo ó Barcelona a cantidade de 14 millóns de € novamente pareceme pouco.

Nestas negociacións que duraron todo o verán cobrou importancia o Rentistas que posuía parte dos servizos do xogador e que presionou ó Deportivo para que aceptase a oferta do Barcelona. Filipe tomouse moi mal que o Deportivo declinase a oferta barcelonista pero finalmente aceptou a posicion do clube.


Comezou a tempada 2009/10 moi motivado e sendo un dos mellores xogadores do Deportivo... ó principio foi todo moi ben tanto os resultados do xogador coma os do equipo pero finalizando a primeira volta nun partido contra o Athletic de Bilbao o xogador fracturou o peroné e luxouse o xeonllo nunha acción con Gorka Iraizoz que supuxo o gol más triste da súa carreira. Estivo ó borde da amputación da perna.

A baixa de Filipe estimabase entre 4 e 6 meses peligrando a súa posible presencia no Mundial de fútbol de Sudáfrica. Pero grazas as ganas de volver a xogar novamente antes de que finalizase a tempada tentou rebaixar o tempo de reabilitación a 3 meses E logrouno, reapareceu ante o RCD Mallorca e xogou o partido completo en San Mamés ante o Athletic (dato curioso dado que xa llo prometera a Gorka Iraizoz o día da lesión)

Terminada a tempada non foi convocado para ó Mundial.

Este verán numerosos equipos mostraron o interese hacia Filipe pero soamente o Patético de Madrid fixo oficial a oferta.

Aínda que se pague a cláusula de Filipe, valorada en 20 millóns de €, pareceríame insuficiente o diñeiro que se embolsaría o Deportivo nesa operación. A única oferta que me parece interesante sería Camacho e Diego Costa + uns millóns de €.





FILIPE QUÉDATE!



miércoles, 2 de junio de 2010

Mercado de fichaxes

Novamente toca falar do mercado de fichaxes...


Cedido xa Míchel (xogador de banda, moi físico con chegada... vamos Cristiano Ronaldo mínimo, pero coma sempre terá que demostralo deixandoo todo no campo), toca falar de outras posibles chegadas e saídas...


Comezarei con Saúl, xogador de banda, moi técnico, rápido, habilidoso... contrato a piques de ser asinado. Rumorease tamén a chegada de Camacho e Diego Costa + 7 millóns de € pola saída de Filipe, nestos momentos gustariame ter a un presidente como José María Del Nido, non por coma negocia Lendoiro, ¡NIN MOITO MENOS! gustariame escoitar Filipe quedará no Dépor porque sí.


O tema Filipe non vou mencionalo demasiado porque confio en que vai quedar no Dépor. Posibles saidas máis Zé Castro (queda aquí o tema deste individuo). Agora o tema que máis me preocupa polas delaracións de Lotina a Riazor.org e cito textualmente:





"Nosotros a Iván Pérez lo hemos hecho jugador de Primera División y tiene que
estar muy contento, pero el fútbol tiene unas circunstancias y hay que
aceptarlas”
E nestas circunstancias e verán tras verán sempre fago a mesma pregunta, Por qué cada xogador que sae da canteira do Dépor ten que emigrar para poder xogar?
É unha das poucas cousas que moito me molestan do corpo técnico deportivista pero de novo... éche o que hai

PALESTINA VENCERÁ!