viernes, 4 de junio de 2010

Filipe





Filipe Luis comeza a súa carreira profesional no ano 2003 no Figueirense,clube brasileño da cidade de Florianópolis. Comezará a súa experiencia europea no 2004 no Ajax de Ámsterdam, pero outra vez cambiou de destino e volveu cruzar "o charco" cara Uruguay onde xogará no Rentistas (club que terá un importante papel na carreira futbolística de Filipe no verán de 2009) alí non chegou case a instalarse xa que rapidamente foi cedido ó Real Mandril... perdón Real Madrid, no que estivo xogando no filial deste.

Novamente é cedido ao outro clube, o Deportivo, cunha opción de compra de 2,2 millóns de € ... na primeira tempada no noso equipo non goza da confianza desexada, pero co cambio de entrenador Miguel Ángel Lotina ve en Filipe un lateral con unha proxección espectacular. Cando chegou á Coruña era un lateral ofensivo cunha técnica que xa quixeran moitos dianteiros de equipos "grandes". Ao ser tan ofensivo e porque o Deportivo contaba con Joan Capdevila no seu plantel foi relegado á suplencia, tras a marcha de Joan Capdevila e tras mellorar as suas cualidades defensivas e perfeccionar as ofensivas converteuse no lateral titular do Deportivo e unha peza clave no once de Lotina.

E o comezo da tempada 2008/09 o Deportivo fai efectiva a opción de compra e nesa mesma tempada Filipe disputa todos os minutos de liga, cunha tempada para enmarcar.

Precisamente por esa gran tempada o Fc Barcelona tentou facerse cos servicios do lateral brasileño, o Farsa... perdón Barça fixo dúas grandes ofertas por este xogador (ó meu xuizo moi moi pobres dada a calidade de Filipe Luis) a primeira era de 5 millóns de € máis a cesión de Jeffren e Abraham e a segunda de 8 millóns de € ás cales o presidente do Deportivo negouse, pedindo ó Barcelona a cantidade de 14 millóns de € novamente pareceme pouco.

Nestas negociacións que duraron todo o verán cobrou importancia o Rentistas que posuía parte dos servizos do xogador e que presionou ó Deportivo para que aceptase a oferta do Barcelona. Filipe tomouse moi mal que o Deportivo declinase a oferta barcelonista pero finalmente aceptou a posicion do clube.


Comezou a tempada 2009/10 moi motivado e sendo un dos mellores xogadores do Deportivo... ó principio foi todo moi ben tanto os resultados do xogador coma os do equipo pero finalizando a primeira volta nun partido contra o Athletic de Bilbao o xogador fracturou o peroné e luxouse o xeonllo nunha acción con Gorka Iraizoz que supuxo o gol más triste da súa carreira. Estivo ó borde da amputación da perna.

A baixa de Filipe estimabase entre 4 e 6 meses peligrando a súa posible presencia no Mundial de fútbol de Sudáfrica. Pero grazas as ganas de volver a xogar novamente antes de que finalizase a tempada tentou rebaixar o tempo de reabilitación a 3 meses E logrouno, reapareceu ante o RCD Mallorca e xogou o partido completo en San Mamés ante o Athletic (dato curioso dado que xa llo prometera a Gorka Iraizoz o día da lesión)

Terminada a tempada non foi convocado para ó Mundial.

Este verán numerosos equipos mostraron o interese hacia Filipe pero soamente o Patético de Madrid fixo oficial a oferta.

Aínda que se pague a cláusula de Filipe, valorada en 20 millóns de €, pareceríame insuficiente o diñeiro que se embolsaría o Deportivo nesa operación. A única oferta que me parece interesante sería Camacho e Diego Costa + uns millóns de €.





FILIPE QUÉDATE!



1 comentario: