domingo, 13 de junio de 2010

Reforzos na base

Sentando as bases do novo Fabril, algo que como xa sabedes se lestes o blog en anteriores entradas gustame moito (creo que é moi importante ter xogadores formados na casa, non só porque non supoñen un gasto no traspaso no caso de que sexan xogadores xa profesionais, senon tamén por ir facendo equipo con todas as letras.
Gustaríame por exemplo, non escoitar a calquera xornalista dicindo queremos a Carlos Vela, queremos a Camacho, gustaríame escoitalos dicindo señor Lendoiro non fiche vostede a ninguén posto que para os postos que temos sen xente no primeiro equipo temos uns xogadores cunha proxección excelente, cunha técnica magnifica, e que ademais queren ó equipo, ós colores e ó noso escudo.
Sentindo moito non ter máis tempo, despidome.
FORZA DEPOR!

Perdoade o despiste de non mencionar todos os movementos que estánse a producir no filial deportivista.
Altas
Julien Dilal Nddombo. Xogador camerunes, de banda. 18 anos
Jona. Procedente de Málaga, dianteiro de 21 anos, é de dicir que Joshua pareceme moito máis idóneo para o posto de dianteiro titular do Deportivo B.
Dioni. Dianteiro, ex do Caravaca. 20 anos.
Renovacións
Dani (mediocentro) e Diego (guardameta)
Baixas
Valencia, Toni, Valle, Momar e Castillo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario