lunes, 6 de diciembre de 2010

Novo Riazor?

Despois do fiasco da Candidatura Ibérica para o mundial de 2018, queda por determinar se Riazor sufrira algun tipo de renovación.

Cales son os factores clave nesta situación?

1) É evidente que Riazor necesita dende fai tempo, pequenas renovacións e adaptacións. Ao meu xuizo, non fai falla aumentar o aforo do estadio nin moito menos. Como aficionado gustaríame un Riazor moito máis encima do céspede, un estadio para que me entendades "Tipo Inglés", a parte do parking é unha parte innecesaria pero que estaría moi moi ben. Falando do interior do estadio, todos o sabemos, FAGAN ALGO POR DEUS... calquera cousa veriase mellor, as "cafeterías", os baños...

2) Crise económica. Factor determinante, que baixo a miña opinión acabará por decidir a situación.

3) Diferenzas entre Concello e Deportivo. Todos sabemos que Riazor é un estadio municipal e que o Deportivo pode facer pouco. Pero para que se usa Riazor se non é para que xogue o nóso Dépor? Necesitamos que o Concello entenda que o Deportivo, e unha entidade, e un símbolo que representa a cidade polo mundo enteiro.

Dende aquí, que cada un saque as súas conclusións.

2 comentarios:

  1. www.sempre-depor.blogspot.com

    Un saúdo e moita sorte co blog!

    ResponderEliminar
  2. so sei que o depor e o mellor e se podes actualizar o blog mellor que so queda un partido de liga 2010-2011

    ResponderEliminar