Acordome, con 6 o 7 anos co meu pai en Riazor, aburrido con tódolos señores dos puros e das pipas, vendo como o Dépor encamiñaba un título de liga, e admirando aqueles que se sentaban no fondo e que facían ruido, daban palmas e animabaan ó equipo. Déume por preguntar, papá, podo ir alí? Ao que a resposta foi cando te fagas maior poderás decidir onde ir, eu insistía e non paraba de preguntar... pero eles, quénes son? que fan? Chámanse Riazor Blues son os que animan ao equipo, contestaba meu pai, pero como cabezón que sou continuaba berrando, pero papá eu quero ser dos Riazor Blues, eu quero animar ó meu equipo...
Agora xa concienciado do que preguntaba, realmente tiña máis razón que un santo, eran, somos e seremos os mellores dentro do noso estadio, e intentaremos que máis mozos como este que agora escribe, que digan o que queren... EU TAMÉN QUERO ANIMAR PAPÁ

No hay comentarios:
Publicar un comentario