sábado, 26 de febrero de 2011

Fabril - Celta B

www.canaldeportivo.com
El Fabril recibirá al Celta B, en el 'miniderbi' de Segunda División B, el sábado 5 de marzo a las 16.30 en El Mundo del Fútbol.

lunes, 20 de diciembre de 2010

Depor - Gijón

Chegou o partido que máis pena me da por non poder estar alí, chegou o día...
Falando brevemente do partido, foi un partido a rachas no que sen fútbol o Dépor dominou o encontro salvo en arreadas sportinguistas, cabe resaltar ao Merlín de Arguineguín, D.Juan Carlos Valerón que volveu a demostrar que merece xogar e que cumpre con maiúsculas.
Partido que unha vez máis encarrilabase coa sempre eficiente xogada con Colotto no segundo páo balón ao "barullo" do área e gol, pero coma case sempre certo no fútbol, se pérdoas acabas pagando e asi foi despois de perdoar ocasións que debían ser gol o Sporting no arreón final empurrou un balón na área asi coma co rabo pero que conta igualmente.

- Aspectos positivos, comzamos a acabar as xogadas e non perdemos tanto o balón, conseguimos que o rival non pase do mediocampo que vale que non é o Barça pero que é un apartado que mellorou moitísimo.
- Aspectos negativos, obviamente perda de 2 puntos moi importantes e a "lesión" de Andrés Guardado.

Outra vez máis o grupo de 10 tifazo, ambientazo, conseguiron acalar á "mareona" e definitivamente este ano afirmo sen medo a trabucarme e sen que alguen poda decir que minto que o grupo este ano é o mellor do panorama nacional. Noraboa.

Ultras Chicos vironse pola grada 2 ou 3 entre peñistas, pero o grupo non viaxou, xa poñeran algunha excusa, que coma todos sabemos non vale, en cambio os seus amigos pitufinos agasallaron o grupo e demais afeccionados con diversas cargas antes e despois do partido, xa se sabe como son.

FORZA DÉPOR!

domingo, 19 de diciembre de 2010

?


Olelé Olalá, Ultra Boys, donde están?

Nada que comentar al respecto... decepcionante

viernes, 17 de diciembre de 2010

Coruña, o noso equipo te necesita

Primeiro chamamento á Riazor, por qué? O primeiro "miniderby" na nosa casa. Non hai excusas, CORUÑA A RIAZOR. Se es abonado A RIAZOR, se tes entrada A RIAZOR, se non tes entrada, compra e a RIAZOR, se non podes comprala aos aledaños DE RIAZOR, repito non hai excusas.

Hai non moito tempo unha cidade enteira botouse á rúa para festexar un titulo ligueiro, ben se Coruña ten aproximadamente 250.000 habitantes, non é dificil chegar a 30.000 ou 50.000 soamente concienciandose.

Leva as cores do noso equipo, leva a tua garganta, e leva o teu corazón, sempre, sempre co depor!

Dépor - Sporting

Non importa cantos veñan sempre, sempre!!

FORZA DÉPOR!

sábado, 11 de diciembre de 2010

Dépor - Hércules

Vitoria importante coa que sacamos un pouquiño a cabeza do pozo e que ante a que nos espera vitoria necesaria. Fanzine do grupo e sen moito máis que comentar.
Solitario gol de Lassad, hai moito moito fútbol que mellorar.
FORZA DÉPOR!

viernes, 10 de diciembre de 2010

A samba máxica. Djalma.



Felicidades xenio.
http://www.youtube.com/watch?v=4MTUtL63cA4

lunes, 6 de diciembre de 2010

Novo Riazor?

Despois do fiasco da Candidatura Ibérica para o mundial de 2018, queda por determinar se Riazor sufrira algun tipo de renovación.

Cales son os factores clave nesta situación?

1) É evidente que Riazor necesita dende fai tempo, pequenas renovacións e adaptacións. Ao meu xuizo, non fai falla aumentar o aforo do estadio nin moito menos. Como aficionado gustaríame un Riazor moito máis encima do céspede, un estadio para que me entendades "Tipo Inglés", a parte do parking é unha parte innecesaria pero que estaría moi moi ben. Falando do interior do estadio, todos o sabemos, FAGAN ALGO POR DEUS... calquera cousa veriase mellor, as "cafeterías", os baños...

2) Crise económica. Factor determinante, que baixo a miña opinión acabará por decidir a situación.

3) Diferenzas entre Concello e Deportivo. Todos sabemos que Riazor é un estadio municipal e que o Deportivo pode facer pouco. Pero para que se usa Riazor se non é para que xogue o nóso Dépor? Necesitamos que o Concello entenda que o Deportivo, e unha entidade, e un símbolo que representa a cidade polo mundo enteiro.

Dende aquí, que cada un saque as súas conclusións.