viernes, 24 de septiembre de 2010

Primeiro tercio da Liga

Por fin, TEÑO TEMPO.

Xa asentado en paraxes californianos, é cando máis extraño a miña terra e ó clube dos meus amores. É moi díficil seguir ó Dépor dende tan lonxe, pero polo Dépor, faise todo o que un pode.
Para empezar contarei como vivin eu o DEPOR-ZARAGOZA, primeria xornada da primeira división.

Sabendo xa que ía a ser o meu último partido en moito tempo, fun moi condicionado ó estadio... das primeiras veces que cheguei pronto, para aprobeitar cada momento na curva. Ó chegar xa se estaba a rular o fanzine pola grada, collin un e esta tempada semellaba que ía se
r unha gran temporada para o grupo, a todos os niveis. E sen tempo para poñerme nostalxico quedaban 5 minutos para que o partido comezase, e as gradas de Riazor estaban a encherse; mellor dito a curva empezaba a echerse e nas calvas de riazor vianse alguns puntiños negros semellaban ser persoas. Un 10 para o grupo na asistencia, en comparacion co resto do estadio. Pero xa sabemos todos quenes somos o Depor e quenes van a estar SEMPRE!

En relacion, co plantel a min persoalmente non me ilusionaba demasia
do, pero si o xogo que podiamos INTUIR.

No que o partido se refire, non hai moito que destacar, algunha actuación individual dalgún xogador, e as ganas de outros. En defensa moi ben como sempre, no medio campo ó meu parecer falta creatividade e profundidade, e arriba eu como sempre ilusionado con Riki, e a esperas de que esperte un tal Adrián López.
Resultado 0-0


Nova pancarta no grupo, nova megafonia, e o blog presenta melloras en relacion coa temporada pasada. http://riazor-blues1987.blogspot.com/

Despois, unha longa, longa pero longuisima viaxe atravesando "o charco". E si aqui cheguei a terras nas que debes saudar a un veterano de guerra como se fose un deus, terras nas que debes sentir un patriotismo estupido, terras
que... (todos sabemos, terra que foi loitadora na que agora non queda moito que admirar).

SEVILLA - DEPORTIVO
E sí o segundo partido foi en Sevilla, pero que grazas os nosos amigos dos cartos non se puido disfrutar cunha viaxe que merece un templo do fútbol como o Sanchez Pizjúan, para mi unha pena non poder asistir este ano que podia ao espectaculo de cada día de partido teñen os nosos amigos os Biris no fondo norte do estadio... Grandes, moi grandes!

Centrados no partido, bo partido
do Depor é un resultado positivo 0-0, cunha actuación sorpresa-estelar do guardameta Manu, un partido na liña da nosa defensa, coma sempre de 10, e coma sempre a liña atacante fai o que pode.
Falando do grupo, unha pequena representación viaxou a terras andaluzas.

DEPORTIVO-GETAFE
Terceiro partido, e parece que en Xapón nos adoran, porque queren vernos todolos luns... Penoso!
Un 2-2 e pouco máis que co
mentar. Desmarets deslumbra en Riazor, revolucionando o xogo do equipo.

DEPORTIVO-ALMERIA
Derrota nun partido no que xogamor con 11 maniquies...
Aínda non gañamos un partido...

MADRIZ-DEPORTIVO
Pasemos o seguinte partido...

Semana Deportivo Osasuna
A Semana "D"


Abegondo, Martes de outubro un grupo de Riazor Blues dirixense a un adestramento do Depor para... DEMOSTRAR UNHA VEZ MÁIS QUEN ESTÁ SEMPRE! Verdadeiramente foi o momento que máis me costou ver as imaxes, non estar alí... foi moi díficil.

Agora debo facer unha pequena reflexión persoal, moitos grupos de "aficionados" tacharon sempre a Riazor Blues de catro amigos que se xuntaron e... e sí quizais empezou así, xuntaronse catro amigos e fundaron a que agora é unha das mellores peñas de España, sí, afirmo sen medo a trabucarme que Riazor Blues é unha das mellores peñas do noso país, non somos os máis numerosos, o sabemos, non contamos con apoios nin dentro da cidade nin dentro do clube (administración, sempre existen xogadores que saben quen é o Dépor), e a pesares de todo nós nunca deixaremos de alentar.

Pasando o partido, un resultado que aínda se estancaba pero que se puido observar un cambio tremendo na actitude do noso equipo. Novo empate.

DEPORTIVO - ESPANYOL

Primeira vitoria do noso Dépor, as xogadas ensaiadas deronnos o triunfo por 3-0 ante un Espanyol que polo xogo amosado non merecía estar nas posiciones nas que estaba.
E parece que encarrilaremos o rumbo a partir de este partido.

LEVANTE-DEPORTIVO

A DOMICILIO, gañamos fóra da casa, incrible este é o camiño a seguir.
"Ponle huevos Dépor ponle huevos..."

Sinto moito que este post sexa asi de merdalleiro pero éche o que ahí.

FORZA DÉPOR