jueves, 27 de mayo de 2010

Periodo de fichaxes

Boas,
Abrese todo tipo de rumores con respecto a como se vai confeccionar o plantel do Dépor a próxima tempada...
Con Míchel (Centrocampista do Valencia F.C.) xa cedido e cos rumores de outros xogadores que podían entrar en plans deportivistas para formar parte do novo proxecto (Yeste, Camacho...) teño que engadir que, pola situación económica que esta a atravesar o Deportivo (todos sabemos cales son as razóns, e se non as sabedes paradevos a pensar nas reunions de accionistas, do voto "secreto", de por que a xente non acude, etc) pero non entremos en polémicas, debemos centrarnos en gastar o menos diñeiro posíbel e que mellor forma diso que tirar da canteira. Temos xogadores agora en 2ªB desexosos de ter oportunidades co primeiro equipo e temos que darllelas, son xogadores xovenes, con gañas, con talento... faltalles un pouco de experiencia pero... Señores, como consigue un xogador experiencia? Pois xogando como non... claros exemplos son Ivan Pérez e Juan Domínguez que agora xa asentados no primeiro equipo fixeron unha tempada moi boa (e eles si que podemos asegurar que sinten as cores do noso equipo) son xente que se lles meten tres goles non ríen, tentan remontar.
Con todo o meu once sería o seguinte: na portería, Aranzubia, lateral esquerdo Filipe, centrais Lopo, Colotto/Rochela (altenandoos), no lateral dereito confiaremos en Manolo non?, no medio J.Domínguez e Juca, nas bandas estarían Guardado e mais Añón (sen dubidalo... a canteira e a clave) e arriba Riki e ... aqui o deixo... non me gusta criticar xogadores do depor.
RB1987

Pequena Introducción

Nuns meses estarei moi lonxe da terra e unha das cousas que máis pena me da e ter que estar un ano enteiro sen poder pisar a kurva, un ano sen alentar ao depor en Riazor, un ano sen poder sentir un gol en xeneral, un ano sen sentir todo iso... ou non, o que quero con este blog é seguir ó Dépor dende tan lonxe, alentalo, vivir o Dépor coma sempre.
Ultras 1987
Riazor Blues
Against modern football